Ponteareas ofrecerá cursos gratuítos durante o mes de setembro

A formación está dirixida a traballadores por conta allea e por conta propia e dividirase nos eidos de sanidade e transporte

PONTEAREAS (Pontevedra)   12,30 h.-     O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, visitará a aula CeMIT do Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas (Lomba do Cruceiro,5 Ribadetea). Intervención aberta aos medios. foto xoán crespo 10/05/11

PONTEAREAS (Pontevedra)
12,30 h.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, visitará a aula CeMIT do Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas (Lomba do Cruceiro,5 Ribadetea). Intervención aberta aos medios.
foto xoán crespo
10/05/11

O Concello de Ponteareas ofrecerá un total de 7 cursos de formación gratuítos nos eidos de sanidade e transporte durante o mes de setembro. A posta en marcha destes cursos, xestionada dende a área de emprego dirixida por Xosé Represas e a concellería de Sanidade e Mobilidade que dirixe Vanesa Fernández, permitirá impartir diversas materias pensadas para traballadores por conta allea e por conta propia. Todas elas serán impartidas a través da Internet.

No ámbito da saúde ofreceranse cursos de coidados básicos en enfermería e atención ao paciente oncolóxico; de prevención de condutas violentas e contención mecánica; e de coidados enfermeiros en diferentes unidades hospitalarias. No eido do transporte será posible formarse en organización de almacenes; en manipulación de cargas con carretillas elevadoras; en xestión de stock e técnicas de almacén; e en xestión das operacións de almacenaxe.

Todas aquelas persoas que non teñan acceso á rede poden utilizar os ordenadores do Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas (CDL) habilitados a tal efecto. Os alumnos interesados deben dirixirse ás oficinas do propio CDL, na Lomba do Cruceiro, en Ribadetea, ou informarse a través do número de teléfono 986 66 10 50.