Ponteareas ofrece mañá unha formación gratuíta no IES Val do Tea para mellorar o traballo dos docentes co alumnado con trastorno do espectro autista

O taller será impartido pola Fundación Menela ás 17.30 horas nas aulas do instituto e as inscrición son a través de educacion@ponteareas.es

 

O Concello de Ponteareas continúa apostando pola inclusividade e a igualdade nas aulas dos centros educativos da vila. Mañá ás 17.30 horas no IES Val do Tea organiza, xunto a Fundación Menela, unha formación para mellorar a intervención educativa dos docentes co alumnado con trastorno de espectro autista. A alcaldesa e concelleira de Educación, Cristina Fernández Davila, anima ao profesorado a participar “nunha formación que nos axude a mellorar como sociedade aprendendo a recoñecer as dificultades destes rapaces e rapazas, e adquirindo ferramentas para axúdalos nas aulas”. 

 

Para inscribirse o profesorado debe escribir un correo electrónico a educacion@ponteareas.es e o acceso estará aberto ata completar o aforo da aula. 

 

A Fundación Menela destaca que con esta formación o profesorado descubrirá que “a maioría de persoas con autismo non teñen diversidade funcional, pero si dificultades de aprendizaxe que os profesores deben detectar para mellorar o seu benestar na clase”. Destacan ademais que o taller de mañá tamén será o lugar axeitado para crear estratexias que axuden a prevención do acoso ás persoas con autismo que, polas súas dificultades de comunicación, tenden a sufrir.