Ponteareas mellora os camiños municipais da Mo e do Areal de Fontes en Cumiar

O Concello destaca que esta intervención “mellora o acceso aos dous barrios ao mesmo tempo que aumenta a seguridade”

 

O Concello de Ponteareas acaba de rematar a intevención de mellora do camiños municipais da Mo e do Areal de Fontes de Cumiar. A intervención, que contou cun orzamento de case 30.000 euros, consistiu na mellora do acceso das dúas zonas, xa que os camiños nos que se interveu tiñan firme de terra, e precisaban dun pavimentado en condicións. 

 

A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote, destacaron durante a súa visita á Mo e ao Areal de Fontes que esta intervención “facilita en gran medida a mobilidade da veciñanza, ao tempo que tamén dota as rúas de maior seguridade”. “Estes traballos son unha mostra máis do noso compromiso para mellorar a mobilidade, a seguridade e a comodidade de todas as parroquias de Ponteareas”, salientan.

 

Chus Garrote tamén quere incidir en que a intervención promovida polo Concello “é unha mostra máis do noso claro compromiso coa veciñanza do rural”, e afirma que “unha das nosas prioridades sempre será facilitar a mobilidade e a seguridade dos camiños de todas as nosas parroquias”. 

 

Esta intervención está financiada ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.