Ponteareas máis preto da cardioprotección

A Concellería de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Sanidade e promoción da saúde, que dirixe Vanesa Fernández, entrega un desfibrilador DESA semiautomático aos voluntarios de Protección Civil.

Dentro do programa do Plan de Bombeiros de Ponteareas entrégase un novo desfibrilador que se suma aos catro entregados nos últimos meses ubicados no campo do Areas, no campo de fútbol de Pardellas, no de Angoares e nos bombeiros.

Logo de ter realizado a correspondente formación na Academia Galega de Seguridade, Protección Civil recibe este desfibrilador que garantirá unha intervención  de emerxencia nos casos precisos á espera da chegada dos equipos médicos de urxencia.

Coa intención de convertir Ponteareas nunha vila cardioprotexida, a Concelleira de Sanidade, explica que se seguirán a entregar novos desfibriladores dando prioridade aos puntos con alta afluencia de persoas.

Vanesa Fernández agradece a boa disposición e o interés do equipo de bombeiros de Ponteareas ao ter a preocupación de ter un vila protexida.