O Concello de Ponteareas informa do investimento de 18.000€ para o subministro de materiais bituminosos para o mantemento da pavimentación e da rede viaria, financiado con cargo á liña II do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra de gasto corrente.
A concellaría de Vías, Obras e Iluminación, que dirixe Chus Garrote, explica que no marco do Plan Concellos adquiríronse materiais bituminosos para a reparación da pavimentación das estradas do Concello de Ponteareas que se atopan deterioradas pola consecuencia das choivas e da intensidade do tráfico.
O subministro entendese como un gasto corrente para a reparación e o mantemento de capas de rodadura da rede viaria, ao contar no Concello cunha unidade de bacheo recollida na RPT.
As obras desenvolvéronse en todas as parroquias do termo municipal e executáronse nos viarios que rexistran máis intensidade de tráfico rodado ou son máis utilizadas pola veciñanza da zona.
Os traballos a desenvolver contemplan o mantemento e reparación con mezcla bituminosa e a emulsión asfáltica.
A concelleira de Vías, Obras e Iluminación, Chus Garrote, explica que este apoio permite unha maior liquidez da partida orzamentaria correspondente e que ese importe fose derivado a outras necesidades da mesma área.