Ponteareas inicia un plan de renovación e construción de novos parques infantís

O goberno local de Ponteareas prevé destinar entre este ano 2017 e o 2019 unha partida económica relevante dos Plans de obras con fondos da Deputación a parques infantís. Como paso previo a estas actuacións, o goberno local realizou un completo e detallado estudio sobre a situación actual de todas as zonas de xogo infantil, neste completo inventario puxéronse de manifesto as deficiencias detectadas nos parques.

As actuacións tamén pretenden homologar á normativa vixente os parques infantís do Concello, condición que non cumpren na actualidade moitas das instalacións existentes.

A primeira actuación deste completa renovación das instalacións existentes no núcleo urbano e nas parroquias, para contar con parques infantís máis seguros e funcionais, será acometida nos vindeiros meses no Parque da Perillana, cun orzamento de 57.000 euros que suporá unha completa renovación da zona de xogos infantís con novas instalacións como unha tirolina ou unha cama elástica. Tamén se prevé a instalación de aparatos de xogo para nenos con discapacidades.

Nos últimos meses, en base ao citado estudio e para ter os parques infantís nas mellores condicións posibles, xa se acometeron obras que supuxeron importantes melloras como a instalación de herba sintética no parque situado en Ponteareas Cidade ou un novo solo de caucho nas zonas de xogo dos xardíns da Xiralda ao pé da casa do Concello, esta última actuación foi realizada pola empresa que acometeu a obra en 2014, logo da reclamación realizada polo actual goberno, ante o grave deterioro desta recente instalación.
Nesta primeira fase ademais da actuación na Perillana estás contempladas melloras e novos espazos de xogo nalgunhas parroquias así como unha nova instalación na Freixa, esta última pendente unicamente de autorización da Confederación Hidrográfica para poder contratar a execución deste nova instalación.
Dentro do plan de renovación, o goberno local de Ponteareas tamén contempla novos parques biosaudables, ademais da renovación e mellora dos existentes