Ponteareas inaugura a exposición “Fogo sagrado” do fotógrafo Demetrio Monteagudo

O pasado 19 de decembro inaugurouse na sala multiusos do Museo Municipal de Ponteareas e estará aberta ao público de balde até o 27 de xaneiro

    Inclúense nesta  exposición, entre outras,  unha  serie de  fotos  do  Entroido  tradicional  galego  no  ritual  da  “queima  do  Meco”  polo  convencemento  de  que  esta  festa  ten  a  súa  orixe  nas  festas  relixiosas  solsticiais   que  celebrábanse   na  Europa  antiga. Tamén inclúe o uso do lume en rituais coincidentes con festividades relixiosas e pagás ao longo do ano por toda a xeografía galega. Como  elemento  común  a  esta  selección  de  fotos  temos  a plasticidade  e  beleza  do  lume, e  tamén  a  discreta  ledicia  dos  portadores  da  chama.

A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, salienta que “esta exposición constitúe un magnífico traballo do profesor Monteagudo, tanto na plasticidade e recreación do escenas como na transmisión do coñecemento sobre os diferentes rituais que  teñen o fogo como expresión e denominador común no noso país”.

 Demetrio Monteagudo González naceu en  Vigo  no  ano  1952.  A  afección  á  fotografía  espertoulle no  ano  1973.  Dende  esta  data  mantén  coa  fotografía  una  relación  autodidacta,  intermitente  e  bipolar  que  se  pode  permitir  pola  súa  condición  de  afeccionado.

O  seu  obxectivo  son  case  sempre  temas  de  antropoloxía  social  como  as  festas,  tradicións  relixiosas  ou  traballos  tradicionais.  Neste  senso,  nunca  sentiu  atracción   pola  fotografía  de  estudo.

Ten  obra  publicada  na  Gran  Enciclopedia  Galega,   na  revista  Río  (2000 – 2004)  e  colabora en  publicidade  empresarial.  Mostrou  a  súa  obra  en  varias  exposicións,  entre  outras:  No  centro  Goianés  (Goián  1984),  na  Asociación  Cultural  Eliseo  Alonso   (Tomiño).  No  ano  2014  presentou  no  Museo  Etnolóxico  de  Ribadavia   a  mostra  “Detrás  da  máscara”  centrada  no  Entroido. No 2016, estivo neste mesmo museo coa obra que agora presenta en Ponteareas.