Cartel conferencia Bouza BreyEste venres, día 27 de marzo, ás 20:00 horas, o Salón de Sesións do Concello de Ponteareas acollerá unha conferencia sobre Fermín Bouza Brey, organizada pola Biblioteca Pública Municipal, a cargo de André Peña Graña, historiador e arquelólogo quen, baixo o título “A importancia da obra de Fermín Bouza Brey para o celtismo.Revisitando a Vestio Alonieco, nova deidade galaica”, profundizará na personalidade desta gran figura da literatura e cultura galegas.

Durante este mes de marzo o Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro Fernández, como desde hai varios anos leva a cabo distintas actividades arredor da figura de Femín Bouza Brey, como son as xornadas de achegamento aos escolares de ESO dos centros de Ensino de Ponteareas, levadas a cabo polo Servizo de Normalización Lingüística, e conferencias dirixidas ao público en xeral, organizadas pola Biblioteca Pública Municipal.

Estas xornadas de achegamento á figura de Fermín Bouza Brey, explica o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, forman parte das diferentes actividades que desenvolve o Concello de Ponteareas para dar a coñecer a figura do insigne ponteareán don Fermín Bouza Brey.