Ponteareas honra a 15 alfombreiros coa medalla do Corpus a proposta de cada tramo alfombrado

O Concello de Ponteareas honrou este luns a 15 alfombristas coa medalla de Prata do Corpus Christi. Tamén se redeu homenaxe, a título póstumo a Luís González do tramo alfombrado Castiñeira – Reveriano Soutullo

O festivo local adicouse a agradecer o traballo e esforzo realizado, especialmente no último mes por todos os alfombristas. Na lembranza dos alfombristas finados realizouse unha misa ás 18:30 na igrexa parroquial e posteriormente ás 20:00 realizouse unha ofrenda floral no monumento aos alfombristas.

A xornada rematou co recoñecemento ao traballo anónimo de todas as persoas que colaboran para que cada ano na gran obra colectiva de Ponteareas, as alfombras de flores do Corpus

As quince persoas galardoadas coa medalla de Prata do Corpus Christi, aprobado pola Corporación a proposta de cada tramo alfombrado, son: Don Sergio Martín Díaz pola alfombra de La Orotava, Don Francisco Jesús Represas Carrera na Praza de Bugallal, Don Antonio Lago Carrera, na rúa de Oriente, Dona Evangelina Filomena Rey Míguez no primeiro tramo da Praza Maior, Dona Silvia María García Mera, segundo tramo da Praza Maior, Don Gabino José Domínguez González polo Cruceiro de San Gregorio, Dona Mercedes Troncoso González na rúa dos Ferreiros, Dona María José Cubillas Rodríguez, polo tramo rúa dos Ferreiros-San Roque, Dona María del Carmen Araujo Castro polo tramo Fonte do Baratillo, Dona Emérita Cerqueira Acuña, rúa Dr. Fernández Vega, Dona Andrea Estévez Estévez do Cantón de Boavista-Fernández Vega, Dona Fermina da Castiñeira- rúa Reveriano Soutullo, Dona Carmen Luciana Santiso Márquez da asociación de veciños A Pena do Equilibrio de Arcos na mesma rúa, Dona Solomé Cuevas Castro das Monxas na devandita rúa, Don Andrés Pose Pérez tamén da rúa Reveriano Soutullo e, por último, Dona Rosa María Troncoso González da Avda. Constitución- A Xiralda.

Despois de que na noite de onte actuase o grupo Luar na Lubre, o peche das festas do Corpus 2016 púxoo a orquestra Panorama.