A concellería de Cultura pechou os seus actos con motivo do mes de Rosalía de Castro co concerto da Orquestra de Sopros do conservatorio de Ponteareas e do grupo Canto D’Aqui de Braga enmarcados na iniciativa da VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza na que participaron as cidades de Santiago e Braga e o concello galego de Padrón no que o 24 de febreiro do ano 1837 a nosa ilustre escritora.
A pensadora Rosalía de Castro pasou á historia da literatura polas súas obras e polo seu compromiso co pobo galego e coa lingua galega. Mito e símbolo de Galicia, e autora de obras como Cantares Galegos, Follas Novas ou En las Orillas del Sar, foi unha escritora innovadora e comprometida, adiantada ao seu tempo empregando a lingua galega na literatura cando ninguén o facía. Nas súas obras reflexou a situación máis maltratada de Galicia e denunciou a precariedade das e dos traballadores do campo e do mar e a dor da emigración e fixo unha firme defensa das mulleres denunciando o maltrato ao que estaban sometidas e os impedimentos e inxustizas da sociedade patriarcal.
Fernando Groba, concelleiro de Cultura e tamén concelleiro de Lingua, salienta a importancia de pór en valor aos e ás nosas creadoras e pensadoras que foron quen de defender ao pobo galego e a súa cultura, lingua e tradicións nos tempos máis difíciles facendo posible que non se perderan e deixándolas en herdanza.
As actividades e actos polo mes de Rosalía leváronse tamén aos centros educativos que participaron no II concurso de poemas ilustrados Rosalía de Castro. “Rosalía é a nosa escritora máis universal e con esta iniciativa de entrarmos nas converxencias, tamén queremos reivindicar a potencialidade da lingua galega como vehículo de comunicación coas lusofonía”.
Recitais poéticos e concertos completaron a programación para ensalzar a figura da nosa poetisa.