Dentro da festa do Samain están organizadas as seguintes actividades: un obradoiro onde aprenderemos a decorar as cabazas para acender na noite dos Defuntos; un obradoiro de Pintacaras, no que as maquilladoras pintaran as caras dos nenos con motivos típicos destas datas.
A maiores, todos as nenas e nenos poderán participar na elaboración dun mural con motivos do Samaín que se exporá despois na biblioteca municipal e xogos populares para recordar actividades coas que gozaban as nosas avoas e avós. Haberá unha zona de debuxos para colorear, animación musical e outras actividades.
Contra as 19.00 lanzárase un espectacular globo con motivos do Samaín e, a continuación, todos os asistentes degustaran castañas asadas.
A concelleira de Cultura e Lecer, Hortensia Bautista convida a todos os nenos e nenas do Concello de Ponteareas que veñan a gozar desta actividade lúdica de Samaín.