Ponteareas festexa o Día Internacional dos Museos mañá 18 de maio con dúas visitas guiadas á historia da vila

Terán unha duración aproximada de 45 minutos e ofrecerán coñecer elementos importantes da historia de Ponteareas, desde a prehistoria ata o século XXI. As visitas guiadas faranse mañá día 18 de maio, a primeira ás 12:00 h. e a segunda ás 18:00 h.

O Museo Municipal de Ponteareas organiza dúas visitas guiadas para commemorar o Día Internacional do Museos que se celebra este mércores, día 18 de maio.

O museo articulase por épocas e temas: a prehistoria de Ponteareas e comarca, dende época paleolítica á romanización. Nela tópanse, principalmente, materiais procedentes do xacemento arqueolóxico do Castro de Troña pertencente á cultura galaico-romana. Destacan tamén nesta área o petroglifo de Chan de Gándara e unha pequena colección de bronces de Coto de Altamira – Taboexa (As Neves) coa figura dun togado.

Da época medieval distinguese a pila bautismal de notables proporcións e ben conservada, pertencente ao estilo románico.

A parte de historia contemporanea esta dedicada, fundamentalmente, a importantes persoeiros nados en Ponteareas, que destacaron en distintos ámbitos da vida politica, social e cultural. Así no eido politico cómpre destacar a Amado Garra Castellanzuelo, Gabino Bugallal, e Isidoro Bugallal Araujo; no campo das letras hai que facer mención a Manuel Domínguez Benavides, Fermín Bouza Brey ou Alfredo Pedro Guisado; e mesmo no musical a Reveriano Soutullo, e artistas como Vidalés Tomé, Antono Medal, Rogelio Lorenzo ou Afonso Quinteiro.