Ponteareas faille fronte á Violencia de Xénero

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera organizou unha concentración que tivo lugar hoxe ás 12 horas no salón de plenos con motivo do vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

O concello de Ponteareas anticipouse ao día 25 para poder celebrar esta xornada de concienciación e reivindicación xunto ao alumnado do IES Val do Tea, do IES Pedra da Auga, do CEIP Mestre Ramiro Sabell, CEIP Feliciano Barrera de Guláns e CPR Santiago Apostol.

No marco deste acto entregaránse os premios aos gañadores/as do IV Concurso de Debuxo contra a Violencia Machista que deron lectura ao manifesto en repulsa da violencia de xénero.

Na categoría de primaria os gañadores foron: 1º premio para Laura Piñeiro Pérez de quinto curso do CEIP Feliciano Barrera; 2º premio para Alejandro González Méndez de sexto curso do CEIP Ramiro Sabell Mosquera e o 3º premio para Estela Otero Ferrira de cuarto curso do CPR Santiago Apóstol.

Na categoría de secundaria os premiados foron: 1º premio para Aldara Groba Correa de 4º da ESO do CPR Plurilíngüe Santiago Apóstol; 2º premio para Brais Álvarez Estévez de 3º ESO do IES Val do Tea e 3º premio para Uxía González Covelo de 1º da ESO do IES Val do Tea e Jorge Fernández Fernández de primeiro da ESO  do IES Pedra da Auga.

Tamara e Sonia, alumnas do conservatorio municipal de música pecharon o acto interpretando dúas peza de saxofón.

Xornadas para a concienciación contra a violencia de xénero

Verónica Carrera convida a toda a cidadanía a participar nas xornadas que terán lugar o vindeiro venres día 30 no salón de plenos do concello de 16:30 a 20 :00 horas.

Baixo o título “Actúa contra a desigualdade. Unha aproximación a experiencias galegas contra a violencia de xénero”, intervirán catro estudantes do IES politécnico de Vigo que falarán das estratexias de prevención e intervención en relación á violencia LGBT na adolescencia; Beatríz Laranxeira dende o concello do Grove co proxecto Doulas Sororas; Paula Pichel, traballadora social en ACADAR, asociación de mulleres con discapacidade de Galicia e Maite Pena, axente de igualdade e técnica de emprego no programa ITÍNERE da fundación ÉRGUETE Integración, que explicará o seu traballo coas mulleres no cárcere.