Ponteareas entregou os premios de teatro

A concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba entregou os premios Ponteatro 2019 no marco da terceira edición de teatro amador que baixou o seu telón este sábado. Dez premios repartidos nas seguintes categorías:

-Mellor actriz secundaria, Marina do grupo de teatro Pedra do Cabalo de Celeiros polo papel de criada Amadora Francisca en “Queremos casar á filla”.

-Mellor texto, “O Pequeno Poni” de Petanaporta Teatro de Marín.

-Mellor dirección, Manuel Solla de Ilusionistas de Ponte Caldelas coa obra “A festa da primavera”.

-Mellor escenografía, grupo de teatro de Xinzo pola obra “Todo queda na casa”.

-Mellor actor secundario, Gabriel polo seu papel do tuno Breogán na obra “Simplemente persoas” do grupo de teatro Pena do Equilibrio.

-Mellor actríz principal, Merche do grupo de teatro Petanaporta pola súa interpretación da nai de Breixo, o mozo acosado en “O pequeno poni”.

-Mellor vestiario, Ilusionistas de Ponte Caldelas pola súa obra “A festa da primavera”.

-Mellor obra, “Todo queda na casa” do grupo de teatro de Xinzo.

-Mellor actor principal, Javi polo seu papel de Brais na obra “Simplemente persoas” do grupo de teatro Pena do Equilibrio.

O público quixo entregar o seu premio á obra “Queremos casar á filla” do grupo de teatro Pedra do Cabalo de Celeiros.

Fernando Groba agradece a todas as actrices e actores a súa arte e a súa entrega facendo de cada xornada un momento de lecer no que tamén reflexionar, rir e desfrutar do teatro.

O concelleiro fai extensible o seu agradecemento, tamén, ao público, por participar, por apoiar cos seus aplausos o traballo representado no escenario e por decidir entregando este ano o seu propio premio.