Ponteareas en Negro chega a tódolos recunchos do concello

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade que dirixe Verónica Carrera  acompañada do Alcalde Xosé Represas entregou as camisetas da campaña contra a violencia de xénero “Ponteareas en negro” ás categorias femininas do Club de Fútbol de Areas, do Sporting Club San Mateo e do S.D Juvenil.

Verónica Carrera agradece tamén a colaboración a participación nesta campaña das casas culturais das parroquias, da hostalería, do comercio e dos diferentes colectivos que difundiron esta mensaxe reivindicativa e rexeitando as violencias de xénero.

A concellería repartíu máis de duascentas camisetas entre a hostalería e tamén moitas outras entre os diferentes colectivos participantes. Ademais tamén se distribuiron máis de mil cartaces.