Ponteareas e TEAVI colaborarán para a inserción laboral das persoas con trastorno do espectro autista

O concello de Ponteareas e a Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo (TEAVI) asinaron un convenio de colaboración de inserción laboral co obxectivo de asegurar a inclusión, o acceso das persoas con autismo a un entorno laboral competitivo, mediante a optimización e mellora do seu rendemento, facilitándolles a realización de prácticas formativas que permitan a súa posterior insercón no mercado de traballo.

O concello facilitará as súas instalacións para as prácticas formativas acordadas durante os vindeiros dous anos.

No marco do programa “Axúdalle a encaixar” esta iniciativa procura prácticas formativas en empresas ou administracións públicas, orienta e asesora ás persoas e familias con TEA, apoia ao traballador/a no desenvolvemento de habilidades sociais comunitarias e ofrece estratexias de aprendizaxe para a realización de tarefas inherentes ao posto de traballo, ademais de realizar un seguemento da persoa e avaliación do procecemento de inserción do posto de traballo.

Para a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, este convenio supón un paso máis no compromiso de garantir a integración e a igualdade aportando ferramentas a aqueles que máis o precisan e traballando para que Ponteareas teña un futuro máis comprometido e participativo.