Ponteareas e As Neves abren o prazo de selección para o obradoiro de emprego

O goberno de Ponteareas materializa un proxecto máis e reafirma o seu empeño de formar e crear emprego ao lograr unha subvención da Xunta de Galicia de 288.807€ para a realización dun obradoiro de emprego que activará a vinte traballadores.

Conxuntamente co concello de As Neves porá en funcionamento este obradoiro co obxectivo de formar a 20 alumnos/as traballadores/as nas especialidades de “mantemento de xardíns e zonas verdes e atención sociosanitaria en domicilios e institucións”.

Este obradoiro enmárcarse nas iniciativas de emprego do actual goberno municipal, que ten como finalidade formar a poboación para acceder a máis ofertas de emprego e xerar oportunidades de traballo. Un plan que ten dado os seus resultado pois en ningunha etapa de gobernos anteriores se logrou en políticas de emprego nada similar. “Por primeira vez, Ponteareas conta con obradoiros de emprego en catro anos consecutivos”, manifesotu o Alcalde, e responsable da área de desenvolvemento económico.

A comisión central concedeu unha subvención de 288.807€ para un obradoiro de nove meses de duración e cun reforzo económico de 4.500€ para incentivar a contratación e cubrir os gastos salariais derivados dos contratos de traballo que se suscriban co alumnado, ademais das achegas e fondos propios do concello de Ponteareas e de As Neves. 

1440 horas nas que dez persoas recibirán formación teórica e práctica sobre actuacións en viveiros e rehabilitación e mantemento de xardíns e espazos verdes municipais e outras dez sobre atención sociosanitaria en domicilios e institucións. Ademais permitirá a contratación dun director, dun titor, de dous expertos en atención en domicilio e institucións tanto na área sanitaria como social e un experto en xardinería.

A subvención contempla a cobertura dos gastos de formación, gastos salariais e os incentivos á contratación laboral. 

O goberno de Ponteareas recorda á cidadanía que clausurou o anterior obradoiro de emprego “Compromiso Social III” cun 50% de alumnado contratado e insiste na importancia da formación para acadar un posto de traballo.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e responsable da área de emprego, cumpre, con este novo proxecto, co compromiso adquirido coa cidadanía de por todas as ferramentas posibles para reducir a taxa de emprego e xerar novas oportunidades laborais. 

Publicadas xa as bases na web do concello, na oficina de emprego e no taboleiro de anuncios do CDL, a oficina de emprego de Ponteareas fará unha sondaxe entre os desempregados inscritos para a proposta de candidatos co obxectivo de obter cinco candidatos por cada posto do equipo técnico e tres por cada posto de alumno-traballador para proceder, logo, a selección por parte do concello.

Os requisitos para poder optar a este obradoiro é ser maior de 18 anos de idade, estar desempregado e inscrito/a no Servizo Público de Emprego como solicitante de programas de obradoiros de emprego, estar en posesión de Graduado en ESO // Certificado de profesionalidade de nivel 2 // ter superadas as probas de competencias clave de nivel 2 e cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e aprendizaxe.

Os que precisen maior información deben dirixirse ao Centro de Desenvolvemento Local ou nos teléfonos 986  66 10 50.