Ponteareas destina 150.000 euros as traídas de auga veciñais

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convoca a todas as Comunidades das Traídas de  Augas a unha reunión o vindeiro xoves 18 ás 20:30 horas, no Salón de Plenos, para explicar á liña de subvencións do Concello para ás Traídas veciñais. Investimentos que poderán cubrirse grazas á partida orzamentaria de 150.000€ que o goberno de Ponteareas reservou dentro dos orzamentos para o 2018 aprobados xa de xeito definitivo o pasado xoves.

Por vez primeira, as traídas de augas contarán cunha partida específica para as obras prioritarias de  mellora das captacións e subministro de auga co obxectivo de garantir este servizo básico para para todos os fogares.

Represas reafirma con esta partida o seu compromiso por resolver os problemas históricos de abastecemento de auga. “Dende a nosa entrada fixei entre os obxectivos prioritarios a mellora neste servizo básico que non se entende que durante tantos anos estivera completamente no abandono”.

Con estes cartos, as comunidades de usuarios de auga de Ponteareas poderán pagar os gastos de materiais, equipamentos e man de obra para realizar melloras dos sistemas de captación de auga, ampliar a capacidade dos seus depósitos de almacenamento, sistemas de potabilización ou mellorar as redes de de distribución de auga ás vivendas

Unha liña de axudas que tamén ten como finalidade subvencionar as obras prioritarias nas comunidades veciñais que sufriron en maior medida as consecuncias da seca no verán e outono pasados.

Para que non se produzan situacións como as do verán pasado na que algúns fogares quedaron sen agua, subministrando o concello este servizo con cisternas de abastecemento, e para evitar a posible indefensión ante os incendios, o goberno da un paso máis na mellora de vida no rural no que vive case a metade a poboación total do Concello.