Ponteareas deixa a súa impronta floral en Bruselas, Bélxica

O goberno de Ponteareas desexa unha boa viaxe aos alfombristas de Ponteareas que hoxe viaxan a Bélxica para participar no “Brussels Flower Carpet”, un dos máis grandes eventos da arte efímera na que Ponteareas aporta a tradición máis longa e a calidade e variedade dos materiais naturais.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, despedíuse hoxe dos seis alfombristas que na noite do 15 para o 16 participarán na confección dunha alfombra na Grand Place da capital belga de máis de 1.800 metros cadrados, nun espazo declarado como patrimonio da Humanidade. 

“Esta representación reforza aínda máis a internacionalización das alfombras florais de Ponteareas nese camiño aberto por este goberno coa solicitude da declaración de Ben de Interese Cultural que xa teñen as alfombras belgas e que amosa o necesario recoñecemento das nosas aos ser de máis longa tradición”, explica o Alcalde.

A delegación española estará representada por alfombristas de Bueu pero tamén de México, Italia, Japón, Alemania, Malta e da propia Bélgica. 

A alfombra da Grand Place comezará a realizarse na madrugada do día 16 cun deseño que abarcará 77 metros de longo por 24 de ancho con máis de cen persoas traballando durante catro horas. 

Os e as nosas alfombristas traballarán no deseño creado pola delegación mexicana e que poderá visitarse durante tres días ata o 19 de agosto. 

Ademais, a impronta floral de Ponteareas quedará reflexada na rúa de acceso ao Palacio da Bolsa nas inmediacións da Grand Place na alfombra que realizará de xeito conxunto cada delegación.