Ponteareas convoca o concurso de carteis do vindeiro Corpus 2017

O Concello publica as bases que rexerán o certame que ten un único premio de 600 euros para o gañador

A Concellería de Cultura, coordinada por Hortensia Bautista, vén de publicar na web municipal as bases polas que se rexerá o concurso de carteis para o vindeiro Corpus Christi de 2017. Terá un único premio de 600 euros para o gañador.

O certame é aberto, poden participar nel calquera persoa física, individual ou en equipo, maiores de 18 anos, cun máximo dunha obra de creación propia, orixinal e inédita de técnica libre.

 Todos os carteis deberán estar relacionados coa festividade do Corpus, e a temática estará relacionada coa xente, materiais, trazados, deseños e relacionados coa festividade e coa Vila do Corpus.