Ponteareas contra as violencias machistas

A Corporación do concello de Ponteareas (BNG, PSOE, PP e ACIP) condena os feitos acontecidos en Lugo nos que unha veciña foi vítima mortal por violencia machista e rexeita de cheo todo tipo de violencia e convocou unha concentración diante da Casa do Concello. 

Todas e todos os membros da Corporación fan un chamamento á cidadanía para traballar de xeito conxunto na erradicación da violencia de xénero, denunciando e descubrindo ante as autoridades accións e actitudes impropias nunha sociedade cívica, respectuosa e avanzada.