Ponteareas contará con 16 escolas deportivas durante o curso escolar 2014-2015

ESCOLAS DEPORTIVAS 14-15O concello de Ponteareas, a Deputación provincial, e 13 clubs deportivos da vila presentaron as 16 escolas deportivas que impartirán 12 especialidades diferentes durante o curso escolar 2013-2014.

Os clubs deportivos ofertan 10 modalidades deportivas diferentes: bádminton, baloncesto, ciclismo, fútbol, hípica, tenis, patinaxe artística, natación, wushu e xadrez. Estas escolas permítenlles aos nenos e nenas adestrar e participar en competicións coa ficha federativa correspondente.
Todos as persoas interesadas poderán solicitar máis información e inscribirse nos propios clubs.

Por outra banda, un ano máis continuan as escolas gratuítas da Deputación provincial, que seguen coas actividades de balonmán, judo e fútbol. Para inscribirse é necesario cubrir unha solicitude dispoñible no seguinte enlace: http://www.depo.es/escuelas-deportivas ou na Concellería de Deportes do Concello de Ponteareas.