Ponteareas conta con axencia de colocación

QIMG_8834Hoxe, ven de presentarse no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas,  a Axencia de Colocación, que o concello promove.

No acto, estiveron presentes a  directora xeral de emprego e formación da Xunta de Galicia Ana María Díaz López, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e a concelleira de emprego e desenvolvemento local, Marisol Valado Pérez.

A partir de agora, o concello de Ponteareas, contará cunha nova ferramenta para a promoción do emprego. A resolución de autorización para actúar como axencia de colocación, conleva a capacidade de facer o casamento, entre as ofertas das empresas e os demandantes de emprego, sen que se interveña nas relacións laborais que poidan derivarse.

A directoria xeral, destaca que “no marco das políticas activas de emprego, é vontade da Xunta, establecer e fomentar a colaboración tanto público-privada como pública-publica a hora de facer as intermediacións laborais, polo que a actividade da nova axencia, será un complemento da actividade da oficina de emprego de Ponteareas, sendo neste caso unha colaboración entre dúas administracións públicas,  como tamén o son, ás colaboracións público-privadas, de  todas as axencias privadas de colocación debidamente autorizadas”.

A axencia, que nestes derradeiros meses, ultimou os preparativos técnico-administrativos para a súa operatividade, contará con protocolos de actuación, baseados nunha aplicación de xestión da axencia e nun portal web (www.gestionandote.com/agencia/ponteareas), para ofertantes e demandantes. Con esto, pretendese que a axencia se caracterize por un funcionamento sinxelo, áxil e eficaz, facilitando a máxima información das ofertas, aos usuarios a través do propio portal da axencia, a páxina web do concello, os taboleiros do CDL e a rede social corporativa.

A base de datos de axencia, estará conformada por as entidades ofertantes e os demandantes, utilizando o soporte dixital para este fin, e o soporte papel para as autorizacións de privacidade.

A eficacia da xestión da axencia, garantízase a través dos protocolos informáticos nas seguintes áreas: solicitudes de inscripción de demandantes, solicitudes de inscripción de ofertantes, filtro de candidatos e seguimento da inserción.

O alcalde Solla, destaca que “a preocupación polo emprego no concello, fai necesaria a súa participación nas distintas políticas activas de emprego”. Coa posta en marcha desta nova axencia, “somos o segundo concello de Pontevedra,  en dispoñer deste servizo para os desempregados e o cuarto en Galicia, polo que, esto demostra, que o compromiso do concello en priorizar a loita contra o paro, sempre estuvo entre os seus obxectivos prioritarios”.

 

A axencia, ademais da posibilidade de inserción, ofrecerá aos demandantes, un servizo personalizado de información, orientación, calificación e recalificación profesional, garantindo a mellora do seu grado de empregabilidade e polo tanto incrementado a súas probabilidades de inserción laboral.

 

Pola súa banda a concelleria Valado, subliña que “a axencia covertirase nun novo espazo de colaboración co empresariado local,  comarcal e provincial, dando resposta as súas necesidades de recrutamento e selección de empregados, pechando o ciclo do servizo de emprego que se oferta dende o CDL: información, orientación, formación e inserción”.

 

Todas aquelas persoas interesadas en formar parte da base de datos de axencia poden dirixirse ao centro de desenvolvemento local: Lomba do Cruceiro 5, Ponteareas, teléfono 986 66 10 50. Tamén a través do portal de emprego: www.gestionandote.com/agencia/ponteareas