O Concello de Ponteareas a través das concellerías de Benestar Social e Igualdade, Cultura e Ensino brinda o seu apoio á asociación Familias Azuis que neste primeiro ano de andaina traballou para a mellora da vida dos nenos e nenas con autismo.
A asociación Familias Azuis de Ponteareas, que pertence á Federación Autismo Galicia, convida a toda a veciñanza a romper barreiras e facer unha sociedade accesible. Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o autismo, Familias Azuis celebra o vindero sábado día 7 de abril a Gala Concienciación do Autismo en colaboración co Concello de Ponteares. A cita será no auditorio municipal de Ponteareas ás 18 horas.
A organización ofrece servizo de garderia para nen@s grazas á colaboración da empresa Enredos Animación.
As concelleiras nacionalistas, Verónica Carrera, Hortensia Bautista e Cristina Fernández, insisten na necesidade de que a sociedade entenda cales son as barreiras coas que se atopan os e as nenas con autismo porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.
Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo o Concello estará alumeado en tono azul apoiando, ao igual que o ano pasado, esta campaña iniciativa de Autismo Galicia.
O goberno de Ponteareas traballa por e para a inclusión de toda a cidadanía facendo da cidade un espazo para todos e para todas máis amable e libre de barreiras que dificulten a socialización.