Ponteareas comeza o tratamento contra o picudo vermello que afecta ás palmeiras dos Xardíns da Xiralda

O Concello encargou a unha empresa os labores de tratamento con pesticida para eliminar a esta especie invasora

image1 (2)As seis palmeiras presentes nos Xardíns da Xiralda do Concello de Ponteareas comezaron a ser tratadas o luns, 21 decembro, para combater os efectos negativos que nelas causa o picudo ou escaravello vermello, unha especie invasora que pode chegar a provocar a morte destas árbores.

Tralo estudo feito pola empresa encargada polo Concello, que realizou os traballos grazas a unha grúa que permitiu aos operarios levar a cabo o tratamento dende o punto máis alto das palmeiras, a conclusión extraída foi que catro delas estaban afectadas por esta praga e, asemade, dúas das palmeiras precisaban un tratamento de choque urxente. Trátase dun trato que “está a ser eficaz na maioría dos casos”, asegura o alcalde, Xosé Represas.

O rexedor afirmou que, “aproveitando que a situación de dúas das palmeiras é grave, trataremos as catro restantes para evitar que a praga se propague”. As medidas a tomar inclúen revisións nos meses vindeiros para comprobar a evolución do tratamento, “de xeito que poidamos garantir que unha parte importante do entorno do Concello poida ser conservado en boas condicións”.