“Ponteareas Comercial” presenta o Club Infantil A Rebuleira o venres 26 de xuño

O Centro Comercial Abeclub-a-rebuleirarto “Ponteareas Comercial” pon en marcha o Club Infantil A Rebuleira, unha sociedade que nace coa intención de compartir cos máis cativos actividades culturais, comerciais e de lecer. O club desenvolverá ao longo do ano cursos, obradoiros, visitas guiadas, concursos, castings, desfiles e outras actividades que poderán gozar todos aqueles que sexan socios e socias da Rebuleira. Os socios desfrutarán tamén doutras vantaxes e descontos nos establecementos de “Pontereas Comercial” adheridos ao club.

A presentación oficial do Club terá lugar o vindeiro venres 26 de xuño na Praza de Bugallal a partir das 19:00 horas. Dende a concellería de Cultura e de Comercio quérese animar a todos os cativos a se achegar até a céntrica praza para gozar de actividades de animación infantil.