Os vindeiros venres 30 de setembro e sábado 1 de outubro comezarán as actividades, de balde, co parque da Feira Vella como centro neurálxico e os corpos e a sexualidade como tema a divulgar desta edición
“Os corpos e a sexualidade é o motor máis potente de crecemento persoal, desenvolvemento da propia personalidade e das relacións sociais. A diversidade da sexualidade, no sentido amplo da beleza, a loita pola independencia persoal e a visibilización dos corpos que se atopan nas marxes dos estereotipos sociais, serán os tópicos a divulgar nesta edición”, aseguran desde a Asociación Cultural Brétemas.
O Festival vén organizado co fin de divulgar unha temática. Linguas minorizadas e interculturalidade e feminismo foron as destacadas outros anos. “Neste ano imos tratar de defender as múltiples opcións sexuais, como é o caso das persoas con diversidade funcional, que tamén teñen dereito a súa sexualidade como imos poder comprobar na proxección de Yes, We Fuck e o posterior coloquio de Ánxela López Leiceaga o sábado, no que imos contar cunha intérprete de lingua de signos”.
A programación comezará ás 18.00 horas coa presentación do fanzine “Netas do Estraperlo”. Ás 19.00 horas seguirá co laboratorio de sexualidade “A sensualidade no encontró con outras”, un obradoiro teatral a cargo de Carme Cotelo. Ás 22.00 horas
O sábado ás 12.00 horas, a sesión vermú amenizada polo grupo Folkxemore e o Puto Coro do Partido Froilanista dará comezo a outra xeira de actividades. A partir das 18.00 horas terá lugar a proxección do filme documental “Yes, We Fuck”, que aborda a sexualidades das persoas con discapacidade funcional. Antonio Centeno, activista do movimento de Vida independente, e Raúl de la Morena, realizador de documentais, impulsaron este proxecto de visualización, principalmente, do sexo en persoas con diversidade funcional e orixinar así un novo imaxinario colectivo onde todas e todos, “sen complexos, sen censuras, sen prexuízos e sen discriminacións, podan gozar do sexo”, aseguran na súa web. E o posterior coloquio “Corpos (Re)Velados” impartida por Sabela Fraga.
Ás 23.00 horas iniciarán no Parque da Feira Vella os concertos da quinta edición do Festival Brétemas con as ponteareás Punkiereteiras, Moun Qup, Tremenda Jauría, Chotokoeu e Brigada AM Soundsystem.