Ponteareas celebrou o día Internacional da Muller

Q55A5771A concellería de Igualdade, xestionada por Verónica Carrera, preparou un acto que tivo unha hora de duración e que mesturou rock, rap, música clásica, poesía e manifestos para goce das preto de 100 persoas que asistiron ao evento.

Carrera lembrou que o 8 de marzo declarouse como día da muller polo recordo da norte de 130 mulleres carbonizadas nunha fábrica téxtil, na que traballaban, e na que estaban a exercer o seu dereito a folga. O tráxico suceso aconteceu en 1857 e en 1910 foi declarado o 8 de marzo como Día internacional da Muller, lembrando a loita pola igualdade que xa daquela amosaron as más de 100 traballadoras falecidas.Q55A5756

O acto contou coa participación de alumnos dos IES Val do Tea e Pedra da Auga, ademais da presenza de varios alumnos e mestres do Conservatorio Municipal. A edil de Igualdade quixo “agradecer enormemente a presenza de todos eles”.