Ponteareas celebrou o Día Internacional contra a violencia de xénero con diversos actos

acto concello4 acto concello3 acto Concello 1 representación teatralO Concello de Ponteareas conmemorou un ano máis o Día internacional contra a violencia de xénero que cada 25 de novembro mobiliza a toda a sociedade ante esta lacra.
Convencidos de que a prevención e a educación dos máis novos é unha das claves para a súa erradicación, traballouse nos institutos con actividades que involucraron, especialmente a alumnos de E.S.O. e que consistiron en charlas e na realización de debuxos ou frases .

O acto central desta conmemoración tivo lugar no Salón de Plenos ás 12 do mediodía, onde catro alumnos do Instituto Pedra da Auga e do IES de Ponteareas, arroupados pola Corporación Municipal e profesorado dos centros, leron o manifesto institucional, no que se facía fincapé na educación e na petición ás administracións para que as axudas sexan máis eficaces e prolongadas. Así mesmo despregaron un gran cartel elaborado por eles mesmos, cuxo lema era “STOP á violencia de xénero”.

O Alcalde, Salvador González Solla, amosou o compromiso do Concello de Ponteareas en apoio das víctimas e fixo un chamamento a un esforzo maior na coordinación dos distintos servizos socio-sanitarios. O acto finalizou cun minuto de silencio polas mulleres asasinadas durante este ano.

Así mesmo, os escolares de Ponteareas asistiron á representación de “Morre un amor, quebra unha vida”, de Atrezo Teatro, no Auditorio Reveriano Soutullo. A obra ía dirixida a todos os alumnos de 3º e 4º de ESO, así como de Bacharelato de todos os centros de ensino de Ponteareas, tanto públicos como concertados, e cuxo obxectivo era a concienciación do alumnado contra as actitudes violentas que se exercen sobre as mulleres.

Antes da representación, o concelleiro de Educación do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, a directora do Centro de Información á Muller, Ángeles Fernández Lago, a directora do IES Val do Tea, Rosalina Rivas Fernández e a representante da compañía teatral, Chelo Pampillón Alonso, fixeron a presentación do acto cunha breve explicación do significado do día e do contido da obra que se ía escenificar.