Ponteareas celebrará o “I Torneo Pádel Reale Seguros” no Complexo Deportivo Álvaro Pino

foto padelEsta semana presentouse o “I Torneo Pádel Reale Seguros” que se desputará en Ponteareas desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril. O acto no que estiveron  presentes o concelleiro de Deportes e os representantes do club Pontepádel, Seguros Reale e Insdega, tivo lugar nunha das pistas de pádel do Complexo Deportivo Álvaro Pino, recentemente cuberta para aproveitar esta instalación deportiva ao máximo e que poida ser utilizada na época de chuvias, sendo estas pistas moi demandadas polos veciños tanto de Ponteareas coma de municipios veciños.

O “I Torneo Pádel Reale Seguros” é un torneo aberto, non federado que poderá ser desputado por calquera persoa amante desta disciplina deportiva, e que abranguerá as categorías de sénior masculino e feminino, sénior mixto e categoría de menores de 18 anos.

O Concello de Ponteareas aposta pola colaboración con todos os eventos deportivos que se desenvolvan en Ponteareas e polo fomento do deporte en todas as súas vertentes, potenciando a actividade deportiva tanto polos seus beneficios como por ser un medio máis de relacionarse. Esta convicción leva ao Concello de Ponteareas  a potenciar cada vez máis o deporte e a tentar mellorar as instalacións para que se poidan practicar as actividades deportivas nas condicións máis óptimas e durante todas as épocas do ano.