Ponteareas celebra a Semana da Biblioteca a partir do vindeiro luns 24

 

Con motivo da conmemoración o luns día 24 de outubro do Día da Biblioteca, a Biblioteca Municipal de Ponteareas organiza distintas actividades de animación á lectura e  obradoiros pensados especialmente para os nenos e nenas de máis de tres anos para que se descubran o fascinante mundo dos libros.

O día 24,  a partir das 18.00 horas  realizarase unha sesión de contacontos que xirará en torno a contos clásicos como “Os Tres porquiños”, xogos e dinámicas relacionadas cos relatos. Ás 17.30 h. do mércores 26  gozarán na biblioteca gozar dun contacontos con monicreques.  Este mesmo día  ás 19.00 h teremos a presentación do libro “Alén da casta” de Xabier Pérez Dávila. A actividade proposta para o xoves 27 é facer un teatriño. Entre todos os asistentes crearan un escenario e as personaxes para realizar unha representación.

A Concellería de Cultura e Lecer, coordinada por Hortensia Bautista convida a todos: adultos,  cativos e cativas de Ponteareas, acompañados dos seus pais,  a achegarse a biblioteca e participar nesta semana de actividades organizadas para dinamizar este espazo cultural.

Día da Biblioteca nas parroquias

A Axencia de Cartel Biblio Canta-1Lectura Municipal de Ribadetea, dependente da concellería de Cultura e Lecer do Concello de Ponteareas que coordina Hortensia Bautista Fernández, súmase á celebración do Día da Biblioteca coas actividades “Un outro mundo por descubrir” e “As viaxes de Irene”, o vindeiro 24 de outubro a partir das 16.30 horas, desenvolvida por María Paz Gutiérrez da compañía Solidaridade Internacional de Galicia. A Axencia de Lectura Municipal de Areas, tamén  vai celebrar o Día da Biblioteca coa actividade Biblio Canta, o vindeiro 25 de outubro a partir das 18 horas,  desenvolvida por Chío Couto Rendo. Estas actividades realizanse co fin de lembrar a importancia de ofrecer  a todas as nenas e nenos libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.