Os indicadores positivos acreditan a boa saúde económica do Concello
O Concello de Ponteareas, celebrou este martes o Pleno ordinario de decembro no que se deu conta da liquidación do orzamento de 2019 e o goberno presentou os datos de execución do orzamento e os indicadores económicos que definen e avalan a xestión económica realizada polo goberno municipal de BNG-PSOE.
O resultado orzamentario de 2019 é de 708.228,52 de euros, unha cifra positiva según fixa a lexislación. Outro dato relevante é o remanente de tesourería que é de 631.538,13 euros, unha cifra positiva por terceiro ano consecutivo e na liña da recuperación económica iniciada polo cambio de goberno en 2015. O ratio de endebedamento é do 8,6%, 1.126.000€, moi por debaixo do máximo legal de endebedamento que é do 110%. dos ingresos correntes.
Este é o terceiro ano consecutivo no que Ponteareas presenta unha execución do seu orzamento con remanente positivo, algo inédito na historica económica do Concello. Ademáis, segundo o informe de intervención faino cumprindo todas as obrigas legais de estabilidade orzamentaria, a regra de gasto e o límite da débeda.
O goberno local tamén quixo destacar que, na execución do orzamento, Ponteareas bateu outro récord, acadou a cifra máis alta da historia do Concello na execución, superando os 19 millóns de euros; 19.347.565,29, “o que demostra a capacidade e implicación de todo o persoal, dende o departamento económico a todos os departementos do Concello.
En canto á porcentaxe de obrigas recoñecidas que foron pagadas acadou o 95,71%.
O Resultado Orzamentario, é unha magnitude que compara o estado de gastos e ingresos do orzamento do exercicio corrente en termos de execución enfrontando os ingresos liquidados coas obrigas recoñecidas durante o exercicio e poñendo de manifesto en que medida os ingresos obtidos ao longo do exercicio orzamentario conseguiron dar cobertura aos gastos xerados durante o mesmo, presentando na liquidación que se informa, segundo indica a interventora, unha vez axustado, valores positivos por importe de 708.228,52 euros, o que supón que os dereitos recoñecidos netos superaron ás obrigas recoñecidas netas no indicado importe, é dicir, os recursos obtidos durante o exercicio permitiron o financiamento de todas as obrigas recoñecidas durante o mesmo, pagadas ou non pagadas, existindo ademais un exceso de recursos, por contía equivalente ao Resultado Orzamentario obtido.
Polo que se refíre á evolución do Remanente de Tesourería nos últimos anos, amósase no seguinte cadro:
ANO |
REMANENTE DE TESOURERÍA PARA GASTOS XERAIS |
2014 |
– 5.031.208,90 euros |
2015 |
– 2.265.051,11 euros |
2016 |
– 1.051.088,18 euros |
2017 |
1.213.430,81 euros |
2018 |
1.993.681,65 euros |
2019 |
631.538,13 euros |
No cadro anterior pode apreciarse unha evolución positiva do Remanente de Tesourería, que ano tras ano viña presentando valores negativos e, por primeira vez ven a presentar resultado positivo no ano 2017, manténdose xa esta tendencia nos anos 2018 e 2019.
É de destacar que no último ano de goberno do PP e de Villar como concelleira de facenda, en 2014, o remanente de tesourería foi NEGATIVO en máis de 5 millóns de euros.
Outra das CONCLUSIÓNS importantes que recolle o informe de intervención, ademáis de cumprir co obxectivo de estabilidade orzamentaria, é de destacar a capacidade de financiamento que chega aos 572.000 euros
A execución da conta xeral de 2019 foi aprobada por maioría cos votos a favor do goberno BNG-PSOE, votando en contra os nove concelleiros do PP e ACIP. Tras esta aprobación agora serán remitidas as contas ao Consello de Contas, dando así cumprimento a xestión económica-orzamentaria e cumprindo coa lexislación e información pública de transparencia e bo goberno.
“Este resultado confirma de novo que o Concello de Ponteareas, dende 2015 está totalmente saneado económicamente e prioriza o investimento e os gastos en benestar social”, manifestou o Alcalde, Xosé Represas.