Ponteareas apoia ás reivindicacións das mulleres

O Concello de Ponteareas a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, apoia a folga polo día das Mulleres e convida a toda a veciñanza a participar na manifestación Galega do Día das Mulleres que arrancará ás doce do mediodía mañá día 4 na Vía Norte esquina coa rúa Urzáiz do Concello de Vigo. Dende alí chegarase ata a Praza do Berbés pasando polo percorrido que se pode consultar nesta ligazón https://goo.gl/maps/2TG3QCYMyJ82)

Para facilitar a asistencia, o Círculo Feminista de Ponteareas xunto coa Asociación FestiVal das Brétemas colaborarán co financiamiento dun autobús a disposición de todas aquelas persoas que queiran anotarse.

O autobús sairá ás 11:00 horas dende a Estación de Autobuses de Ponteareas cunha parada en Porriño, na Avenida de Galicia. 

A volta é ás 18:00 horas nas proximidades da Praza do Berbés e o prezo é de dous euros a viaxe. 

Inscripcións para o autobús:

TELÉFONO: 677623554 ouu na ligazón  https://galegas8m.wordpress.com/transporte-a-vigo/

O Concello de Ponteareas súmase á chamada do movemento Galegas 8M e convida a participar nesta mobilización, a berrar nas rúas de Vigo as reivindicacións como mulleres neste día de loita feminista que é de todas, por todas e para todas.

O xoves 8 de marzo terá lugar a concentración na Praza de Bugallal de Ponteareas ás 12 horas en apoio á folga de mulleres, convocada na nosa vila polo Círculo Feminista á que a Concelleira de Igualdade anima a sumarse a participar a tódalas mulleres da vila.

Toda a información actualizada en https://galegas8m.wordpress.com/4mVigo-info-basica

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, a nacionalista Verónica Carrera, reforzará estes actos coa celebración da homenaxe á muller que terá lugar o vindeiro domingo día 11 ása 18 horas no auditorio municipal e no que a veciñanza recoñecerá a traxectoria e o valor daquelas mulleres máis destacadas en cada parroquia e propostas pola propia veciñanza. 

Este mesmo día, ao remate da homenaxe ás 19 horas subirá ao escenario o espectáculo “Lavandeiras” a cargo de Daboapipa.