Ponteareas apoia ás familias con TEA

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, quixo simbolizar o día do autismo da man da asociación Familias Azuis que ao longo destes días organiza distintas actividades para a sensibilización da cidadanía e a axuda ás familias que conviven co autismo.

Ao longo destes días e como apoio á iniciativa de Autismo Galicia, o edifico do concello permanecerá iluminado en cor azul mentres Familias Azuis convida á veciñanza á presentación do libro “María cumple 20 anos” de Miguel Gallardo o venres día 5 de abril ás 19:00 horas na librería Milfollas, ubicada na rúa Carballos, en Ponteareas.

Ademais, as nais e pais que conviven co TEA poderán participar no obradoiro de debuxo tamén dirixido por Miguel Gallardo “Non sei como debuxar” que terá lugar o sábado 6 de abril ás 10:30 horas nos xardíns do centro social da rúa Oriente. Para participar os interesados e as interesadas deberán inscribirse no enderezo electrónico familiasazuis@gmail.com

Verónica Carrera destaca a importante labor que realiza Familias Azuis na concienciación e apoio ás familias que conviven no seu día a día co TEA.