Ponteareas amplía prazo de inscrición até o 16 de agosto para o curso de rap

O obradoiro de balde realizarase no patio do Centro Social da rúa Oriente do 22  ao 2 de setembro, finalmente, en horario de 11.00 a 13.30 horas, coa colaboración do Concello, organizado pola Deputación de Pontevedra

O rap é o elemento musical da cultura hip-hop, con orixe na cidade de Nova York na década dos setenta, e ano tras ano ten máis acollida na vila do Tea como movemento artístico e cultural. Atendendo á demanda e interese por este estilo musical, a Deputación de Pontevedra, dentro do programa DepoRúArte, organiza este curso de rap co obxectivo de iniciar aos interesados na improvisación de versos.

CARTEL PROMOCION PONTEAREAS

“É unha actividade para mozas e mozos entre 14 e 30 anos gratuíta. Hai vinte prazas para as interesadas e interesados en achegarse a este estilo musical, xa parte da nosa cultura contemporánea. Cada vez ten unha maior difusión entre as mozas e mozos de Ponteareas. Sabemos que hai cada vez máis demanda, xa que incluso hai grupos deste estilo na vila”, explica a concelleira delegada de Mocidade, Verónica Carrera, área que colabora na organización do taller.

O prazo de inscrición remata o 16 de agosto. As persoas interesadas terán que cubrir e entregar no rexistro do Concello un formulario descargable da Deputación, xunto a fotocopia do DNI e xustificante de empadroamento. No caso dos menores será necesaria a autorización dos representantes legais. Para máis información poden dirixirse a OMIX , situada na rúa Perillana 9/11, no edifico da Biblioteca Municipal de Ponteareas ou ben chamar ao teléfono 672 105 468.