Ponteareas alfombra o Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense

O Concello de Ponteareas presentou Fonte no Centro Cultural Marcos Valcárcel, dependente da Deputación de Ourense, o Corpus Christi confecionando unha alfombra floral na entrada principal.
No centro cultural lucía espectacular o rosetón floral que arrecendía a rosa desidratada, árnica, flor de carqueixa, vinagrera, cravel ou hortensia, entre outras flores e materiais naturais empregados.
Abríu e pechou o acto a responsable da área de Cultura da Deputación, Manuel Doval, valorando o esforzo dos alfombristas, a capacidade de transmisión de xeración en xeración e a propia confeción artesá. Doval convidou aos presentes a asistir a esta festa de tan longa tradición e brindou todo o seu apoio ao Concello de Ponteareas na súa consecución da declaración BIC.
Pola súa banda o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, que ía acompañado da Concellería de Ensino, Cristina Fernández, salientou a importante labor que se está a facer na difusión e promoción do Corpus e fixo fincapé no factor humano e sensorial do Corpus que segue a medrar ano tras ano.
O Alcalde quixo convidar a un dos alfombristas presentes a describir a técnica e os materiais empregados nesta obra de arte que dende hoxe reloce no hall da Deputación de Ourense.
O concello de Ponteareas presentou o Corpus Christi e as súas alfombras florais na Casa de Galicia en Madrid, na Deputación de Pontevedra, na Deputación de Lugo e Fonte na Deputación de Ourense.
Este ano ademais, o goberno propúxose facer extensivo o sentir do Corpus a tódolos colectivos da vila. Deste xeito o taller ocupacional ASPRODICO confecionaou flores de papel para os comercios da Federación de Comercio, a Concellería de Ensino e a de Cultura acompañados dun representante dos alfombristas presentaron o Corpus nas escolas e os autobuses da empresa Ojea levan vídeos promocionais da vila e do Corpus para emitir nos autocares e cartelería promocional nos cristais traseiros.