Ponteareas adxudica obras de asfaltado por importe de 85.000 euros en Canedo, Arnoso e Areas

As obras están financiadas co Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra

 

O Goberno local de Ponteareas ven de adxudicar as obras de asfaltado en tres vías municipais de Canedo, Arnoso e Areas por un importe total de  85.879 euros, financiados con cargo ao Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra

A obra de Canedo consiste no asfaltado, acondicionamento, pintado e sinalización da estrada que vai desde o regato de Canedo até o convento, unha actuación demandada polo deterioro da estrada e que ten ademais  un importante uso peonil. Esta obra ten un investimento de 50.000 euros.

No caso de Arnoso tratase de obras de asfaltado dun camiño, que linda co Centro Cultural e desemboca xa na saída á N-120 en Areas. Esta obra permitirá regular mellor o tráfico nesta zona xa que ata agora só conta cunha vía asfaltada moi estreita e que en moitos tramos non permite o cruce de vehículos. “Con esta obra solucionarase unha vella demanda da veciñanza de Arnoso”, afirmou a concelleira de Vías e Obras, María Jesús Garrote, quen indicou que co acondicionamento e asfaltado desta pista, cada unha terá un único sentido para a circulación. Ambas as dúas obras teñen un custe de 35.879.euros. En Areas, ademais, mellorase o acceso ao depósito de abastecemento de auga. A empresa ten previsto comezar nas vindeiras semanas a realización destas obras.