Ponteareas adxudica en máis de 420.000€ as obras que transformarán a rúa Redondela

sdr

A Unión Europea financia o 80% do coste das obras a través dos fondos FEDER

O Goberno do BNG-PSOE da un paso máis na mellora do espazo público para as persoas

O goberno de Ponteareas do BNG-PSOE informa que vén de adxudicar por 424.654,18 euros as obras que transformarán por completo a rúa Redondela. Adxudicación realizada despois dun concurso público ao que se presentaron máis dunha ducia de empresas.

Esta actuación é financiada con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea no marco da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”, que aporta o 80% do custe da obra, asumindo o Concello o 20% restante con fondos propios.

Con este investimento na rúa Redondela, Ponteareas da un paso máis na mellora do núcleo urbano, “unha transformación por completo da vila para convertela nun lugar pensado para a xente, no que vivir, pasear e desfrutar”.

Acorde ao estudo de mobilidade sostible e á estratexia de desenvolvemento urbano (EDUSI), o proxecto de humanización da rúa Redondela fomentará a mobilidade urbana sostible favorecendo a súa vez o paso a unha economía de baixo nivel de emisión de carbono en tódolos sectores. Neste senso, a mellora do espazo público co emprego de materiais e definición xeométricas encamiñadas ao benestar da cidadanía contribuirá á concienciación neste senso.

O proxecto das obras de humanización da rúa Redondela adiantábase a estes tempos de nova normalidade e xa contemplaba o aumento do espazo destinado ás persoas asegurando un ancho mínimo de beirarrúas de 1,80 na marxe impar e na par 2,50 metros, medida que favorece os desprazamentos seguros.

Estas obras favorecen tamén o desprazamento das persoas con mobilidade reducida, carriños de bebés e cadeiras de rodas garantindo o dereito destas persoas a moverse con liberdade.

As obras contemplan a reestruturación da entrada actual de camións á panificadora para darlle prioridade ao peón polo lateral da beirarrúa que terá continuidade e conectará o centro urbano coa zona de esparcemento do parque das Pombas cun agradable paseo. A nova rúa Redondela consegue ademais a posta en valor destes espazos verdes de recreo e uso colectivo

Os pasós de peóns proxectados no lateral do parque mellorarán e darán seguridade ao tránsito peoníl así como a construcción dunha beirarrúa na rúa das Pombas que conecte coa rúa Redondela.

Por último, mellórase a percepción da cidade pola veciñanza e visitantess e favorécese unha evolución sostible da economía ofrecendo ao comercio espazos atractivos donde desenvolver a súa actividade.