Ponteareas actuará no núcleo urbano seguindo os criterios do proxecto “A Cidade dos Nenos” de Francesco Tonucci.

A concelleira Cristina Fernández participou en Granada no seminario “Laboratorio Internacional da cidade das nenas e nenos”.

O Concello de Ponteareas sumouse no pasado mes de febreiro á Rede Internacional da Cidade dos Nenos. O proxecto, ideado en 1991 polo psicopedagogo Francesco Tonucci, nado en Fano, Italia, traballa cara unha nova filosofía de goberno da cidade, tomando aos nenos e nenas como parámetro e como garante das necesidades de todos os cidadáns. Sendo a cidade de Pontevedra un bo exemplo práctico e recoñecido mundialmente.

IMG-20160602-WA0006

Como consecuencia da adhesión ao proxecto, Cristina Fernández Davila, Concelleira de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior, desprazouse ata Granada para asistir ao Seminario “Laboratorio Internacional da Cidade dos Nenos” no Parque das Ciencias, onde se reuniron xestores de cidades de toda España, centros de investigación e universidades para debater sobre o papel dos rapaces e rapazas no deseño das futuras urbes.

Cristina Fernández salientou que “a importancia destes encontros reside en ser partícipes da implantación do proxecto noutras cidades e as conclusións extraídas das súas prácticas dirixidas a deseñar e adaptar os espazos urbanos para os máis cativos. É vital ter información de cómo funcionan outras experiencias antes de actuar na vila de Ponteareas, sobre todo coñecendo de primeira man a calidade de vida acadada na cidade de Pontevedra”.

“Debemos tomar medidas que faga que as nosas fillas e fillos poidan sair solos da casa e ir a escola de maneira autónoma, que recuperen o tempo de lecer e que poidan xogar no espazo urbano peonil”, engadiu.

IMG-20160602-WA0004

Desde a creación do proxecto “A Cidade dos Nenos” de Tonucci, adheríronse 200 cidades de Italia, España, Arxentina, Colombia, México, Uruguai, Perú, Chile e Líbano. Tivo un importante recibimento na provincia de Pontevedra con once municipios participando nos foros convocados pola organización do proxecto, o Consiglio Nazionale delle Ricerche de Italia: Ponteareas, Tomiño, Salceda de Caselas, Arbo, Redondela, Lalín, Catoira, Silleda, Vilaboa, Pontevedra e Cambados.