O GDR Condado Paradanta e a IXP Castaña de Galicia organiza este curso de balde que se celebrará o vindeiro xoves 16 no auditorio municipal
O Concello de Ponteareas acolle o vindeiro xoves 16 de setembro unha xornada formativa organizada polo GDR Condado Paradanta e a IXP Castaña de Galicia no que as persoas participantes aprenderán nocións básicas para o aproveitamento dos soutos.
O curso será de balde e celebrarase a partir das 18.30 horas na Sala Multiusos do Auditorio Municipal. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a gdr@gdrcondadoparadanta.gal ou chamando ao teléfono 986 66 33 29.