Ponteareas acolle, o vindeiro 1 de xuño, o I Campionato de Xadrez Intercentros

A Praza Maior será o escenario das partidas entre os 40 inscritos dos IES do Barral e Val do Tea
A Praza Maior de Ponteareas será o espazo no que, o vindeiro xoves 1 de xuño a partir das 10 h, se desenvolva o I Campionato de Xadrez Intercentros para o que xa hai inscritos un total de 40 participantes.
A actividade está organizada polo IES do Barral e Val do Tea que, con anterioridade, xa fixeron o seu propio campionato. Para o desenvolvemento do torneo os institutos da vila contan co apoio e colaboración da Concellería de Ensino que será a encargada de facer que o espazo acollido se adapte ás necesidades que require o evento.
A concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, incidía na necesidade de que actividades como xadrez na escola “saian dos centros educativos e fagan que a veciñanza de Ponteareas poda gozar das partidas ao aire libre, nun entorno axeitado como é a Praza Maior”.
A responsable de Ensino amosaba a súa esperanza de que este “sexa o primeiro de moitos máis campionatos Intercentros”, xa que, explicaba Cristina Fernández, o xadrez é unha actividade educativa “que potencia a concentración e a memoria, eleva o coeficiente intelectual, mellora a creatividade, axuda a resolver problemas, incrementa a capacidade lectora ou prevén enfermidades mentais como o alzhéimer, entre outras”.
Diferentes estudos, lembra Cristina Fernández, chaman a atención sobre o feito de que o xadrez “mellora o aprendizaxe nos colexio” xa que, segundo eses mesmos estudos “os nenos e nenas que practican xadrez están acostumados á exercitar a súa concentración de xeito regular, polo que dificilmente distráense cando o profesor explica unha materia”.