Ponteareas acolle o Trofeo Ciclista Vila do Corpus o vindeiro domingo 31 de xullo

A marcha, organizada polo Club Ciclista de Ponteareas coa colaboración da Concellería de Deportes, coordinada por Benito Márquez, comezará a partir das 10.30 horas desde a Praza do Bugallal coa participación de diferentes categorías de principiantes a promesas

O percorrido da mesma realizarase nun circuíto urbano de un quilómetro no que darán as voltas estipuladas pola organización. Na categoría de alevín farán cinco, na infantil dez e na cadete vinte. Así mesmo, as categorías de principiantes, de 4 a 10 anos, e de promesas, de 16 a 18,trofeociclista farán unha gymkana na praza do Bugallal.

Despois da carreira, haberá unha entrega de premios e agasallos aos gañadores á que asistirá ao concelleiro de Deportes, Benito Márquez. “Persoalmente, o ciclismo é un deporte que me apaixona, polo que estou encantado desde o Concello de Ponteareas de poder apoiar e colaborar na organización de este evento, que espero teña sucesivas edicións de aquí en diante. Como non podía ser doutro xeito, animo a toda a veciñanza, mozas e mozos, nenas e nenos, a participar na carreira”, sinala o edil.