Ponteareas acolle o campionato de España SUB-19 de bádminton

_CARTEL-2 (2)Do 18 ao 20 de Abril de 2014 no Pavillón Municipal Alvaro Pino será sede do Campionato de España sub-19 organizado polo Club Bádminton Ás Neves, Federación Española de Bádminton, Concello de Ponteareas e o Consello Superior de Deportes e conta coa colaboración de Federación Galega de Bádminton, Deporte Galego, Galicia Saudable, Muller e Deporte, Galicia, Yonex, Suflenorsa, Deputación de Pontevedra, Halcón Viaxes, Forjados Hnos, Durán, Concello de As Neves, Adegas Couto Redondo e Maquinaria Lano SL.

Con máis de 120 xogadores chegados dos clubs de todos os puntos de panorama nacional, viviranse grandes momentos deportivos aos longo das tres xornadas de competición, xa que só as mellores raquetas nacionais desta categoría se dan cita no Campionato de España onde todos eles queren alzarse co máis alto de podio e proclamarse así campións de España 2013/2014.

A competición dá comezo o venres 18 a partir das 15:00h, a 20:00h, o sábado de 10:00h a 20:00h en horario ininterrompido e domingo 20 a partir das 10:00h terán lugar as finais coa posterior cerimonia de clausura e entrega de premios que será en torno ás 12:30h.

Para o Club Bádminton Ás Neves, club organizador, é un grande evento, tanto en organización como o deportivo, como club anfitrión é un gran reto para que tanto xogadores, técnicos e familias vivan ao longo deste intenso fin de semana unha agradable xornada na Bisbarra, cóntase cun aforamento de máis de 400 persoas que ademais de gozar da competición realizarán actividades paralelas para que así poidan coñecer a nosa terra, gastronomía, cultura e patrimonio. A nivel deportivo o club espera que o seu xogadores poidan realizar un gran papel e meterse nalgunha final, para iso conta co noso sub-19 Brais Alves, e seguido de preto polos nosos sub-17 María Alonso, Carla Mouriño, Laura Valverde, Lucia Coello, Ainoa Rial. Alejandro Rivadulla e Brais Vidal que prepara concienciudamente o devandito evento na casa.