Ponteareas acolle este verán un campus de fútbol e multideporte no campo da Lomba

Ponteareas acolle este verán un campus de fútbol e multideporte no campo da Lomba

 

Xa está aberto o prazo de inscrición para este campus de verán dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos

 

Ponteareas acollerá do 27 de xuño ao 15 de xullo un campus de verán de fútbol e multideporte organizado pola academia de alto rendemento Adidas-Tecnifícate coa colaboración do Concello e do CDC Areas. Esta nova edición do campus será “unha escola de porteiros e xogadores, pero tamén unha oportunidade para gozar e seguir aprendendo do fútbol e de diferentes deportes”, explica o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.

 

Ponteareas acolle este verán un campus de fútbol e multideporte no campo da LombaO campus está dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos e poderán inscribirse para participar unha, dúas ou tres semanas. A primeira quenda será do 27 de xuño ao 1 de xullo, a segunda do 4 ao 8 de xullo e a terceira do 11 ao 15 de xullo. As actividades desenvolveranse no campo de fútbol da Lomba en horario de 10.00 a 14.00 horas, con servizo de madrugadores e madrugadoras de 09.00 a 10.00 horas.

 

“Con este campus e con todas as actividades que organizamos cada verán dende o Concello buscamos ofertar unha alternativa de lecer lúdica, deportiva e saudábel que contribúa ademais á mellorar a conciliación familiar e laboral durante a época estival”, salienta o edil, que destacou o compromiso e aposta polo deporte base.

 

Durante os adestramentos empregarase un programa de tecnificación baseado na metodoloxía Coerver Coaching, que busca a mellora da técnica individual de xogadores e xogadoras e porteiros e porteiras tomando como modelos a figuras destacadas a nivel internacional. Estes adestramentos, dirixidos a rapaces e rapazas que queiran practicar fútbol, estarán combinados con outras actividades deportivas.

 

As inscricións poderán facerse a través dun formulario web. As persoas interesadas poderán solicitar máis información a través do correo electrónico academiatecnificat@gmail.com ou de whatsapp nos teléfonos 689 35 98 61 e 677 24 47 78.