Ponteareas acolle esta vindeira fin de semana a Festa da Capoeira

O encontro internacional, organizado polo Centro Cultural Batuqueiro, coa colaboración da Concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, reunirá expertos e mestres da capoeira de moitas partes do mundo os vindeiros 25, 26 e 27 de novembro

cartel_publi-01

O Centro Cultural Batuqueiro achegará unha das tradicións máis importantes do Brasil a Ponteareas. O programación do evento contará coa presenza de mestres e profesores vindos desde Brasil, Portugal, Francia, Bélxica, Italia, Inglaterra, Alemaña e Países Baixos.

“Queremos destacar a importancia dun evento así como unha ferramenta de intercambio cultural e educativo e agradecer a colaboración do Concello”, indican os organizadores. O evento comezará o venres 25 de novembro ás 11.30 no IES de Ponteareas, na que organizan unha roda. A partir das 17.00, haberá darán un aula aberta na Praza Maior de Ponteareas.

O sábado 26, a partir das 10.00 horas comezarán os cursos de capoeira por parte dos mestres convidados no Pavillón de Deportes. A partir das 18.00 terá lugar un espectáculo en base á esta arte marcial afrobrasileira. Despois, ás 22.00 horas haberá unha festa de conmemoración no Restaurante Castelo. Para finalizar, os cursos seguirán de 10.00 a 13.00 horas o domingo 27.

“Convido á veciñanza a achegarse a este evento xa que é unha oportunidade para observar a mestres internacionais desta disciplina en Ponteareas”, sinala o concelleiro de Deportes, Benito Márquez.