Ponteareas acada un novo obradoiro de emprego que formará e dará traballo a 20 persoas

O obradoiro dual “Coidar de Nós III” compartido co concello das Neves conta cun investimento de 346.946 €

O Concello de Ponteareas vén de conseguir por quinto ano consecutivo un novo obradoiro de emprego que promoverá a inclusión no mundo laboral de vinte persoas que están no desemprego. A concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández, informa que a consellería de Emprego e Igualdade vén de comunicarlle a concesión do obradoiro dual de emprego xunto ao concello de As Neves que suporá un investimento de 346.946€.

 

O goberno continúa así apostando por políticas de emprego, iniciadas xa no ano 2015, e que tenñen como resultado que teañmos de xeito continuado obradoiros todos os anos, unha situación que se da neste concello por vez primeira na súa historia.

 

Con esta nova concesión darase continuidade ao traballo do obradoiro de emprego que remata o 15 de decembro nos módulos de forestal e de sociosanitaria.

 

Nestes intres é fundamental investir en accións que xeneren emprego e que tamén formen ás persoas desempregadas para facilitar a súa inserción guiándoos cara os sectores que máis demanda de persoal poidan ter. Por este motivo, por segundo ano consecutivo o obradoiro social contará cun módulo en formación forestal, ademais do módulo de sociosanitaria no que as cifras de inserción seguen a ser moi altas e mesmo do 100% ”.

O alcalde Xosé Repreas e a concelleira Vanesa Fernández explican que este é o resultado dunha liña de traballo que de novo a Consellería recoñece e premia cun novo obradoiro no que durante nove meses 20 persoas recibirán formación teórica e práctica para acadar un doble título. Por un un lado, as/os dez alumnos de sociosanitaria prepararánse para a atención de persoas dependentes en domicilio e tamén en institucións sociais. Por outro lado, o alumnado da rama forestal formarase para desenvolver actividades de auxiliares en conservación e mellora de montes e para realizar repobacións forestais e tratamentos silvícolas ou mantemento de camiños forestais ou ser peón forestal ou de explotacións forestais.

 

O goberno do BNG-PSOE posibilitou que nestes últimos cinco anos se ofreceran de xeito continuado e estable obradoiros de emprego que deron unha oportunidade laboral a 120 alumnas e alumnos e preto de 40 técnicas/os encargados de ofrecer a formación, todos eles e elas desempregadas.

 

Dende o goberno local consideran imprescindible apostar por sectores punteiros que actualmente demanden traballadores como é o sector forestal que se atopa en crecemento e o sector sociosanitario .