Ponteareas abriu o prazo de inscrición para as escolas deportivas da Deputación

A concellería de Deportes confirma a posta en marcha dunha escola de balonmán e doutra escola de judo

As escolas non teñen límite de prazas, polo que o prazo de inscrición non ten unha data límite

escolas-deportivas-deputacionA concellería de Deportes, xestionada por Benito Márquez, vén de abrir o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas organizadas pola Deputación, nas que poderán participar nenos e nenas que teñan idades comprendidas entre 5 e 15 anos dende o vindeiro 1 de outubro de 2015 até o 30 de maio de 2016.

Ponteareas contará cunha escola de balonmán que terá lugar no pavillón Álvaro Pino e cuxas sesións serán impartidas os luns dende as 18:00 até as 20:00 horas e os venres dende as 16:00 até as 18:00 horas; e tamén cunha escola de judo que se celebrará nas instalacións do CEIP Fermín Bouza Brey, cuxas sesións serán impartidas os luns dende as 18:00 até as 20:00 horas e os mércores dende as 18:30 até as 20:30 horas.

Estas escolas non teñen límite de prazas, polo que dende a concellería de Deportes quérese animar a todas as persoas interesadas a realizar o proceso de inscrición, cuxo prazo non ten unha data límite . Para efectualo é preciso cubrir unha ficha que pode ser descargada dende a páxina da Deputación de Pontevedra a través desta ligazón ou recollida no Departamento de Deportes do Concello de Ponteareas. A mencionada ficha, unha vez cumprimentada, deberá ser presentada no rexistro municipal do Concello de Ponteareas.