Ponteareas abre o prazo para tramitar as axudas de 50.000€ para os centros e casas culturais

A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista informa de que está aberto o prazo para tramitar as axudas de 50.000€ de apoio á cultura destinadas aos centros e casas culturais incluídos na rede de casas culturais do concello. O vindeiro día 30 seá o último día para realizar os trámites, tal e como se publica no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO).

Grazas á mellora da situación económica do concello, esta partida dótase cun 25% máis de orzamento respecto aos anos anteriores. Esta subvención ten por obxecto colaborar cos gastos de funcionamento e mantemento dos mencionados centros, así como fomentar, impulsar e apoiar as actividades culturais e musicais que estes desenvolven dentro do seu ámbito de actuación.

As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Departamento de Cultura do Concello de Ponteareas, ou na páxina web do concello: www.ponteareas.gal, e presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Ponteareas. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, sendo o último día de presentación o 30 de novembro. 

As bases poden consultarse na páxina web do concello na seguinte ligazón: 

 https://ponteareas.gal/axudas-subvencions/