Ponteareas abre hoxe 8 de agosto o prazo de exposición do censo electoral

O prazo de exposición pública do censo electoral de Ponteareas para as eleccións autonómicas ábrese o hoxe luns 8 de agosto. As listas poderanse consultar ata o luns 15 de agosto para que os veciños empadroados poidan comprobar a súa correcta inscrición. O censo electoral de Ponteareas estará a disposición dos interesados na Oficina de Empadroamento e Estatístican no Centro Social, sito na rúa Oriente, e poderase consultar en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.