Ponteareas contará cun técnico para a compostaxe comunitaria

Dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, Ponteareas é un dos doce Concellos adheridos que a partir de mediados de novembro contará cun mestre composteiro propio para atender aos centros de compostaxe comunitario actuais e aos que se prevé ampliar nos vindeiros meses.

Este técnico dará asesoramento aos veciños que aporten os restos orgánicos aos composteiros comunitarios.

As adxudicación foron realizadas pola Deputación tendo en conta as mellores cualificacións acadadas durante o proceso de selección.

Esta aposta, do goberno presidido por Xosé Represas, pola compostaxe e a reciclaxe dos resíduos ten como obxectivo un tratamento sostible, ecolóxico e eficiente dos resíduos, ao tempo que se reduce a cantidade de lixo que Ponteareas envía a Sogama para o seu tratamento e que representa un coste anual de 500.000 de euros para a facenda municipal.

“A normativa europea fixa uns obxectivos ecolóxicos que nos vindeiros anos os Concellos debemos cumprir en canto ao tratamento dos resíduos orgánicos pois do contrario podemos ter que cargar con graves sancións”, explica o Alcalde.